Anuncian un paquete de medidas para impulsar o 5G en España

venres, 1 de decembro do 2017 Marcus Fernández

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital anunciou hoxe o paquete de medidas para favorecer o desenvolvemento da tecnoloxía móbil 5G en España, con axudas públicas para a posta en marcha de proxectos pilotos e solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas no 5G.
A primeiros do ano que vén procederase á licitación das primeiras bandas de frecuencia identificadas para o 5G, a dos 3,6 GHz (de 3.600 MHz a 3.800 MHz) e a dos 1,5 GHz (1.452-1.492 MHz) buscando que os operadores poidan iniciar os seus primeiros proxectos innovadores en 5G a partires de 2019, mentres que o itinerario de liberación da banda de 700 MHz (actualmente empregada por servizos de televisión) definirase o ano que vén e prevese que teña lugar entre 2019 e 2020, xa que no ano 2020 serán cando chegue a apertura comercial do 5G en toda Europa.
Confíanse en que a tecnoloxía 5G sexa a pedra angular da transformación dixital, con grande impacto nos sectores da automoción, a saúde, o transporte e os servizos públicos, facilitando a prestación de servizos que precisen dun grande largo de banda en mobilidade e supondo un pulo para a Internet das Cousas, como o coche conectado, o transporte intelixente ou a dixitalización do contorno rural.

PUBLICIDADE