Aparece un emulador de NES para o iPhone

martes, 7 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O iPhone continúa a dar que falar, e desta volta é que as distintas vulnerabilidades atopadas no seu sistema permiten a creación de aplicacións por programadores distintos a Apple (compañía que non publicou ningún kit de desenvolvemento de software para o seu terminal móbil) o que se concretou nun emulador da clásica consola de videoxogos NES que, pese a que aínda non funciona a boa velocidade, é un curioso sistema de achegar o Super Mario Bros ou o Mega Man II ó móbil de Apple.


Vídeo amosando o funcionamento dos xogos da vella consola de Nintendo no iPhone

Este feito suporía todo un fito para o terminal que aínda non se vende en Europa, xa que abriría as portas á creación de moitas outras aplicacións non oficiais que serán ben recibidas polos usuarios, aínda que igual tamén deberían facer cambiar a política de Apple con respecto ó desenvolvemento de aplicacións para o iPhone por parte de terceiros.

PUBLICIDADE