Apple podería entrar no negocio da televisión en outono

martes, 17 de marzo do 2015 Marcus Fernández

The Wall Street Journal está a informar de que Apple está en conversas cos programadores televisivos para ofrecer este outono un servizo de televisión vía web que incluiría un lote dunhas 25 canles que poderían subscrimirse mediante cotas de entre 30 e 40 dólares/mes.
O servizo podería incluír canles como ABC, CBS e Fox, ás que completarían canles de lecer como ESPN e FX, e sería un xeito de ofrecer canles televisivas para usuarios que carece de televisión por cable no seu fogar, na liña do que tamén fai HBO NOW (que permitirá acceder aos contidos da HBO mediante o pagamento de 15 dólares/mes).
Outras compañías están procurar facerse cun oco neste emerxente mercado nos EE.UU. no que as compañías queren facerse cos consumidores que están a abandonar a televisión por cable, co principal atractivo de ofrecer unha maior segmentación dos contidos contratados, para que os usuarios paguen polo que consomen, e non por unha grande cantidade de canles que nunca ven.

PUBLICIDADE