Arteixo Telecom instala Wi-Fi en varios tranvías barceloneses

martes, 30 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A compañía galega Arteixo Telecom instalou un sistema de conexión á Internet sen fíos en 5 trens da rede de tranvías de Barcelona, de xeito que os usuarios do servizo de transporte poderán aproveitar as súas viaxes para consultar a Internet, e agardan que esta solución tecnolóxica xeneralícese no conxunto de trens da rede de tranvías barcelonesa.
Este acordo sería semellante ao que levou á implantación deste tecnoloxía nos autobuses da clase Supra de Alsa ou da liña de autobuses entre Ferrol e A Coruña de Arriva; e dende Arteixo Telecom aseguran que están en conversas para poder implantar o sistema nos tranvías coruñeses (medio de transporte utilizado principalmente polos turistas na cidade herculina).

PUBLICIDADE