As Aulas Tecnópole achegarán experiencias aeroespaciais a rapazas e rapaces de 11 a 18 anos

luns, 29 de agosto do 2022 S. P.

O Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense) está a ultimar os detalles da nova edición das súas Aulas Tecnópole, os cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudantes de 11 a 18 anos. A matrícula poderá realizarse desde o día 2 ata o 30 de setembro, As Aulas Tecnópole achegarán experiencias aeroespaciais a rapazas e rapaces de 11 a 18 anos
O Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense) está a ultimar os detalles da nova edición das súas Aulas Tecnópole, os cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudantes de 11 a 18 anos. A matrícula poderá realizarse desde o día 2 ata o 30 de setembro, a través da páxina web do Parque. Segundo informou a dirección do parque, fíxose un esforzo especial este ano por “reinventar as Aulas Tecnópole, aproveitando as instalacións da Aula Newton, polo que as actividades vanse centrar no eido aeronáutico e aeroespacial”.
As Aulas Tecnópole, que este ano alcanzan a súa décimo terceira edición, están pensadas para “espertar vocacións científicas” e “incentivar o espírito emprendedor entre o alumnado”, poñendo of oco en achegar o ámbito STEM á rapazada do rural, informan fontes do Parque Tecnolóxico, engandindo que.”as prazas están limitadas a 45 asistentes”. A cota mensual é de 15 €, que inclúe ademais o transporte desde varios puntos da cidade de Ourense.
Como novidade, habilitararase un autobús desde Allariz para recoller aos participantes da contorna.
O alumnado trasladarase unha tarde por semana a Tecnópole, os xoves de 17:00 a 19:00 horas, durante os meses de outubro de 2022 a maio de 2023. Unha vez alí disporán das instalacións e recursos do Parque Tecnolóxico de Galicia para levar a cabo os seus proxectos, axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características.
Os participantes nesta experiencia, todos eles de Secundaria e Bacharelato, “reciben formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa e a estrutura que debe ter a memoria escrita na que se recolla o proxecto, explicou a Tecnópole, engadindo que “terán a ocasión de presentar os seus proxectos en diferentes feiras científicas de ámbito nacional como Exporecerca Jove en Barcelona ou Open Science en Cambre”.
a través da páxina web do Parque. Segundo informou a dirección do parque, fíxose un esforzo especial este ano por “reinventar as Aulas Tecnópole, aproveitando as instalacións da Aula Newton, polo que as actividades vanse centrar no eido aeronáutico e aeroespacial”.

PUBLICIDADE