As Google Apps estrean un panel no que se rexistran as incidencias nos seus servizos

xoves, 26 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

No panel quedaron reflectidas as incidencias de Gmail dos pasados días

Ante as preocupacións polos fallos de funcionamento dos servizos de Google, especialmente para os usuarios de pago, veñen de estrear o Google Apps Status Dashboard, un cadro actualizado no que se presentan o estado dos distintos servizos de pago de Google (Gmail, Google Calendar, Google Talk, Google Docs, Google Sites e Google Video para empresas) de xeito que nunha simple ollada podemos comprobar se hai algunha incidencia aberta, o que incrementa a transparencia do servizo.
Esta nova páxina convértese no lugar ideal para comprobar se algún dos servizos de Google que utilizamos habitualmente está a experimentar problemas, o que agradecerán especialmente os responsables de sistemas informáticos, que poderán saber rapidamente se un problema técnico detectado está dentro do seu ámbito de competencia ou a pelota está no tellado de Google.

PUBLICIDADE