As Tartarugas Mutantes chegan a Street Fighter 6

luns, 7 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Capcom vén de anunciar unha agradable sorpresa para os seareiros da Tartarugas Mutantes, xa que os célebres personaxes que a finais de estrea unha nova entrega cinematográfica chegarán ao xogo Street Fighter 6 mañá mesmo dun xeito moi completo.
Esta colaboración entre Street Fighter e as Tartarugas Mutantes permitirá que os xogadores poidan personalizar os seus personaxes no xogo con vestimentas, accesorios, selos e mesmo xestos que permitan amosar de xeito moi visible a súa afinidade polas creación de Kevin Eastman e Peter Laird.
A partir de mañá tamén será posible que o Battle Hub, centro social integrado no xogo, presente numerosos elementos gráficos relativos ás Tartarugas Mutantes, entre os que non faltarán os trailers, deixando claro que estamos ante unha colaboración que pretende dar unha maior visibilidade a estes personaxes de cara a estrea de Ninja Turtles: Caos Mutante.

Vídeo promocional da chegada das Tartarugas Mutantes a Street Fighter 6

PUBLICIDADE