As actividades galegas do Día da Liberdade do Software, en directo en Internet

venres, 17 de setembro do 2010 Fernando Sarasketa

Para que non poida acudir estes días á vila de Mugardos e asistir fisicamente á xuntanza Kernel 2010 que organiza O Zulo (coincidindo cos actos do Día Mundial da Liberdade do Software), cómpre que non desespere. De feito, a dita plataforma de usuarios de programación aberta achega unha xanela directa aos encontros dende a súa web e pola vía da retransmisión en directo. Por certo que a fiestra virtual xa está activa dende onte, data de comezo das actividades incluídas na Kernel, e manterase aberta ao longo desta fin de semana. A xuntanza de Mugardos, como dixemos os días pasados a sede galega das celebracións internacionais a prol da programación libre, conta coa presenza e apoio dos representantes dos grupos de usuarios de software libre (GULs) e da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, AGASOL.
O seu obxectivo é o devandito, festexar o Día da Liberdade do Software (o sábado 18), apostando pola divulgación e o desenvolvemento dunha sociedade de libre coñecemento.
O Zulo, participa por segundo ano neste evento a nivel mundial organizando as seguintes actividades en colaboración cos GULs de Galiza.
I. Presentación oficial da distribución do sistema operativo para computadores con pocos recursos, GALPon MiniNo 1.2 - Alguadaira. Desenvolvida polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon). A súa potencialidade e prestacións.
II. Obradoiro de instalación de GALPon MiniNo en computadores antigos, procedentes da renovación de equipos do Concello de Mugardos e que finalmente doará o Concello a asociacións e entidades sen afán de lucro.
III. Foro – debate O FOSS, software e cultura libre na sociedade do século XXI , coa participación de representantes dos GULs (Grupo deusuarios de linux e software libre) de Galicia e AGASOL (Agrupación de empresas galegas de software libre).


Retransmisión en directo do evento

PUBLICIDADE