As empresas TIC galegas sinalan a dificultade de contratación de persoal con perfÃs dixitais especializados
mércores, 3 de outubro do 2018
O OSIMGA publica hoxe o Diagnóstico
ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2018,
informe que sinala que preto do 34% do persoal do sector ten titulación de grao
superior ou media e o 27,2% dos empregados posúe ciclos formativos relacionados
coas TIC, á vez que sinala que para o 60% das empresas TIC galegas é difÃcil ou
moi difÃcil contratar persoal con formación especÃfica en TIC, especialmente
pola carencia de candidatos coa formación precisa.
A pesar destas dificultades, o 24,4% das empresas TIC galegas ten previsto
contratar novo persoal relacionado co ámbito tecnolóxico nos vindeiros anos, un
4,3% máis que o ano anterior.
Cifras macroeconómicas do sector TIC positivas
O número de empresas do sector TIC de Galicia acadou a cifra
de 2.579, o que supón a creación de 142 novas entidades (un 5,8% máis) e mantén
a Galicia como a quinta Comunidade Autónoma con maior número de empresas
tecnolóxicas.
O sector TIC galego deu emprego a 16.866 traballadores no
ano 2017, un 4,8% máis que o ano anterior. O volume de negocio das empresas TIC
galegas acadou os 2.643 millóns de euros no ano 2017, cun aumento do 4,8% con
respecto ao ano 2016.
Actividades de I+D+i
O estudo sinala que unha de cada tres empresas TIC galegas (o 34%) realizaron actividades de I+D+i durante os 3 últimos años, medrando en 3 puntos porcentuais respecto ao ano anterior. Entre as empresas TIC que realizaron actividades I+D+i, un 65,2% obtivo resultados comercializables. Cabe salientar que se incrementa, tamén, a cooperación entre empresas para realizar actividades de innovación, superando o 20%.
Cara unha Internet móbil e ultrarrápida
Un ano máis increméntase a velocidade de conexión a Internet
que teñen contratadas as empresas TIC galegas, de xeito que o 56% posúe xa
velocidades superiores a 100 Mbps, un 9,8% que ao ano anterior.
A tecnoloxÃa de acceso a Internet máis contratada polas TIC
galegas é a banda larga móbil, presente en máis da metade das empresas do
sector (54,2%) cun aumento do 26,6% no último ano.
En conexión directa co incremento da contratación de banda
larga móbil, obsérvase que crece a porcentaxe de empresas de empresas TIC
galegas que encargaron un desenvolvemento especÃfico de software para
plataformas móbiles (do 12,1% ao 15,5%) e as que ofrecen este servizo (do 28,9%
crece ata o 31,1%).
Madurez tecnolóxica
Continúa o incremento dos envÃos de facturas electrónicas,
acadando o 44% no último ano, un 14,3% máis que o ano anterior. Neste ano tamén
aumentaron tanto a dispoñibilidade de ferramentas ERP nas TIC galegas (do 29,8%
ao 32,2%), como as ferramentas CRM (do 29,3% ao 31,4%).
A presenza en redes sociais crece ata o 42,4%. Respecto ao
comercio electrónico, o 26,1% das empresas do sector vendeu a través de
Internet, un 6,1% máis que o ano anterior.
Tres de cada catro empresas TIC galegas (76%) realiza
trámites coas administracións de xeito electrónico, 5,5 puntos porcentuais máis
que o ano anterior. Ademais, o 63,4% das empresas TIC galegas empregan a
sinatura dixital, cun crecemento de 9,9 puntos porcentuais no último ano.
Nesta edición da enquisa ás empresas TIC de Galicia é
especialmente significativo o auxe das tecnoloxÃas Cloud, que facilitan as
empresas o uso de recursos compartidos e configurables a través da rede. O
56,3%, emprega servizos Cloud, 12,4 puntos máis respecto ao ano anterior
Perspectivas futuras
Un 45,6% das tecnolóxicas galegas consideran que a súa
situación é de consolidación e un 16,7% de expansión. En relación á situación
do sector TIC para os vindeiros tres anos, unha de cada tres empresas TIC
galegas percibe que a evolución do sector será expansiva nos próximos tres anos
(36,4%), e preto da metade considera que a evolución continuará estable (49%).
No apartado de formación, aumenta lixeiramente ata o 32,5% a
porcentaxe de empresas do sector TIC que formaron aos seus traballadores en
tecnoloxÃas da información e da comunicación.