As ligazóns a produtos musicais en iTunes xa contan cunha páxina web de vista previa

venres, 13 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Se intentamos acceder a un álbum da viguesa Aid en iTunes a través dunha ligazión accederemos antes a unha páxina intermedia que presentará unha vista previa do produto

Cando na Internet atopamos unha ligazón a un produto en iTunes, esta abría unha páxina web case baleira que só incluía unha chamada ao reprodutor multimedia de Apple, para visualizar a descrición dos contidos musicais dende alí para poder tamén proceder á súa compra, pero para mellorar este sistema de funcionamento, cando agora picamos nunha ligazón de iTunes (polo momento só no caso dos produtos musicais) podemos acceder a unha páxina na que se visualizan os datos básicos do álbum ou canción que nos interese, e non deberemos agardar a acceder a iTunes para ver estes contidos, o que tamén podería resultar moi interesante para os buscadores web, que poderían rexistrar os contidos da tenda musical de Apple.
As novas páxinas web de vista previa dos contidos de iTunes presenta unha miniatura da portada do disco que queremos consultar, a súa listaxe de temas (cos seus respectivos prezos) e incluso os comentarios doutros usuarios, facilitando tamén o acceso directo a iTunes.

PUBLICIDADE