As operadoras melloran as conexións de Boiro coa despregadura da 4G e a 5G

xoves, 3 de novembro do 2022 S. P.

Os operadores de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange informan que durante as vindeiras semanas van levar a cabo en Boiro o proceso de implantación dos novos servizos de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz. Isto vai permitir desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior de edificios e en máis zonas.
O Concello explica que para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha unha entidade para solucionar calquera afectación na recepción da sinal da televisión. O proceso de implantación, que se está a realizar de forma paulatina en toda a xeografía galega e estatal, pódese seguir na web habilitada www.llega700.es.
Esta nova rede móbil, sinalan dende o Concello reflectindo datos das operadoras, “vai proporcionar melloras significativas tanto na velocidade de descarga como no envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición así como sacar o máximo partido ás aplicacións online)”. Vai introducir tamén melloras fundamentais como a os relacionados con orografía complicada onde tradicionalmente fallaba a cobertura e en zonas interiores de edificios.

PUBLICIDADE