As plataformas dixitais de información da Xunta chegan a cinco novas oficinas de turismo

luns, 31 de maio do 2021 S. P.

A Xunta instalou a súa plataforma dixital de información en cinco novas oficinas de turismo de Santiago, A Coruña e Vigo. Deste xeito, os dispositivos de Mazarelos, Carretas e Aeroporto, en Santiago, e os de Vigo e A Coruña, súmanse aos que xa estaban operativos en Madrid e na Axencia Turismo de Galicia. Achegan, entre outras cousas, datos sobre o grao de interese dos visitantes e, tamén, informan e poñen en valor campañas, produtos, servizos, recursos e eventos turísticos.
Esta iniciativa forma parte do plan SmartTurismo impulsado polo Goberno galego (a través de Turismo de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxico de Galicia, AMTEGA), que anunciou que ampliará as plataformas ao resto da Rede de Oficinas de Turismo de Galicia.
Os dispositivos inclúen equipamento especializado con monitores para carteis dixitais, videowalls, soportes publicitarios fixos con pantallas (tótems) e monitores. Tamén dispoñen do software de xestión para a administración da plataforma e os seus contidos.

PUBLICIDADE