As posibilidades que abre a IoT para as nosas empresas, ao detalle nunha xornada da Cámara de Santiago

venres, 3 de marzo do 2023 S. P.

Ao abeiro da súa alianza con Red.es e das actividades formativas da Oficina Acelera PEME, a Cámara de Comercio de Santiago vai organizar o vindeiro 10 de marzo unha xornada gratuíta (e online) que botará luz sobre as posibilidades que ofrecen ás empresas as tecnoloxías permiten conectar obxectos e posibilitar e mellorar as comunicacións entre eles e os os usuarios. A xornada Coñece os beneficios que pode achegar a IoT (Internet das Cousas) á túa empresa desenvolverase en horario de mañá, entre as 10.00 e as 11.15 horas, e abrirase cunha presentación da Oficina Acelera PEME de Red.es e a entidade cameral.
O temario inclúe unha introdución ao concepto de IoT, ás contornas conectadas a través destas tecnoloxías, ás estratexias empresariais que estas posibilitan e ás aplicacións principais que poñen ao alcance de emprendedores, empresarios e persoas autónomas.
O relator será Rubén Beiroa, enxeñeiro en Electrónica e Automática Industrial, director executivo (CEO) de Train On Tech e co-fundador de Everlatic.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que se inclúe en Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es (entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial).

PUBLICIDADE