As principais ligas de baloncesto españolas no móbil grazas á aplicación esBasket

mércores, 28 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A aplicación é de balde grazas á incorporación de publicidade

A empresa compostelá Mobilesoft & Web Design, S.L. estreou nos últimos días a aplicación móbil esBasket, que facilita información en vivo das principais ligas de baloncesto españolas para iPhone e móbiles con Windows Phone 7.5, estando tamén en preparación unha versión para Android.
Esta ferramenta de balde permite ver en tempo real a clasificación, o calendario, a xornada virtual e estatísticas de cada partido das ligas ACB, LEB Ouro, LEB Prata e da Liga Feminina. Completa estas utilidades unha sección de novas sobre o mundo do baloncesto, convertendo a esta aplicación en imprescindible para os amantes da cancha.

A aplicación esBasket está dispoñible tanto para Windows Phone como para iOS

PUBLICIDADE