As televisión polo móbil contarán con permisos de emisión ilimitados

venres, 25 de maio do 2007

Un novo anteproxecto de lei do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio permitirá que a prestación de servizos de televisión a través de móbil, TDT por satélite e radio por satélite só precisen dunha autorización administrativa.
Co texto en elaboración, tanto a televisión como a radio para móbiles estarían en réxime de libre competencia, non regulando o transporte do sinal (que dependería da Lei Xeral de Telecomunicacións), e as autorizacións se concederían cun prazo indefinido, o que supón unha diferenza substancial con respecto das televisións tradicionais.

PUBLICIDADE