Atacan á páxina web de Alfredo Pérez Rubalcaba

luns, 31 de outubro do 2011 Marcus Fernández

A páxina web da candidatura á presidencia do Goberno de España do Partido Socialista amenceu hoxe cunha modificación provocada por unha intrusión aparentemente atribuída ao grupo Anonymous de xeito que podía verse tanto unha imaxe de Alfredo Pérez Rubalcaba con cabeiros e un parche nun ollo, como outra na que a máscara de V de Vendetta acompaña ao texto “Felices Filtraciones. Somos Anonymous. Somos legión”.
Pese á sinatura de Anonymous, parece que estamos ante un defacement illado, lonxe das operacións coordinadas que tenden a realizar dende o grupo hacktivista e, de feito, dende o PSOE sospeitan que o ataque á súa páxina web provén dun grupo de extrema dereita, e algún grupo de Anonymous xa rexeitou a autoría deste ataque vandálico.
Coa modificación da páxina web de Rubalcaba (que no momento de escribir estas liñas está fóra de servizo) incluíase o seguinte texto:

Rubalcaba, la sombra del 11-M te persigue muy cerca: “La forense del 11-M declara ante la juez que en los cadáveres no había metralla” En breve se desvelara asignación de chalets de VPP concedidos a la mano derecha de Cayo Lara (Izquierda Unida). PP eres el siguiente.

O que dá a entender que Esquerda Unida e o Partido Popular tamén serán vítimas de ataques nos vindeiros días.

Nunha das modiifcacións da páxina web podía verse a Rubalcaba con parche no ollo e cabeiros

PUBLICIDADE