Atacan á páxina web do PP de Burela

martes, 21 de agosto do 2012 Marcus Fernández

A páxina web do Partido Popular de Burela padeceu o ataque dun grupo de activistas que responde como Anonymous e que substituíron a páxina de inicio do devandito espazo web por unha mensaxe na que critican aos gobernantes a través de distintas proclamas e dun vídeo en español dirixido aos líderes mundiais. Na parte central da páxina web tamén pode verse unha caveira vermella cun parche nun ollo sobre o texto “website hacked” para deixar claro que estamos ante unha páxina web modificada.
Ao parecer os contidos da páxina web non foron eliminados (só o seu acceso dende a portada do sitio web) polo que estariamos ante un acto vandálico menos destrutivo ao que estamos afeitos, e non sería un caso illado, pois xa no mes de febreiro a páxina web do Partido Popular de Foz tivo que facer fronte a un problema semellante.

PUBLICIDADE