Atopan culpable ao mozo que pirateou o e-mail de Sarah Palin

luns, 3 de maio do 2010 Marcus Fernández

Unha das capturas do e-mail de Sarah Palin que axudaron a localizar ao autor da súa filtración á web

David C. Kernell, fillo dun membro do Partido Demócrata, acadou certa relevancia durante a pasada campaña electoral norteamericana por introducirse na conta de correo electrónico da candidata á vicepresidencia Sarah Palin e publicar parte dos seus contidos na Internet, e finalmente as autoridades non consideraron que iso fose unha trasnada dun mozo de 20 anos, senón que recoñeceron a gravidade dos feitos, e atoparon culpable de obstrución á Xustiza e acceso non autorizado a un ordenador (desbotando os cargos de fraude e roubo de identidade), o que podería rematar nunha condena de ata 20 anos de cadea.
Palin declarou estar satisfeita co veredicto na súa páxina de Facebook, chegando a comparar o acontecido co caso Watergate, por considerar repugnante a invasión da intimidade con fins políticos.

PUBLICIDADE