Avast atalla a súa crise de reputación pechando a filial que vendía datos dos usuarios

venres, 31 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Ao chegar á luz pública que Avast vendía a información de navegación web dos seus usuarios de xeito masivo, a compañía de seguridade informática tivo que enfrontarse a unha crise de reputación que podería rematar con ela, xa que os usuarios poden sentirse traizoados por unha empresa que prometía velar pola súa seguridade, de aí que fose precisa unha reacción drástica, como a que vén de anunciar o máximo responsable da compañía, Ondrej Vlcek.
Vlcek, tras pedir desculpas polo escándalo, asegurando que Avast mantén a seguridade dos usuarios como a súa máxima prioridade, e para a súa tranquilidade non só decidiron rematar co recompilación de datos da súa subsidiaria Jumpshot, senón que tamén cesan de xeito inmediato as súas operacións, de xeito que esta compañía que comercializaba cos datos de navegación web dos usuarios dende 2015 deixa de ser un problema.
O director xeral de Avast insiste en que a súa compañía e Jumpshot, pese a operar con independencia, en todo momento actuaron conforme a lexislación vixente e tamén respectan rigorosamente o Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea, polo que os seus usuarios deberían estar tranquilos.
En calquera caso, a reputación da compañía é máis importante que o negocio de Jumpshot, polo que optan por cesar as súas actividades, pese ao impacto que terá sobre centos de traballadores e ducias de clientes, para poder que os usuarios poidan continuar a confiar en Avast.

PUBLICIDADE