AxouxereGames converte unha tira cómica nunha aplicación móbil

mércores, 16 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A xente de AxouxereGames continúa a lanzar aplicacións para dispositivos móbiles pero, nesta ocasión, en vez de publicar un novo xogo, sorpréndenos con Crítico Cinematográfico Comic, aplicación para Android que facilita o acceso ás tiras cómicas de Broderik, el Crítico Cinematográfico, un crítico de cine que comparte as súas opinións sobre distintas películas e situacións dun xeito sarcástico que ata o momento podiamos ler na web e que agora está dispoñible dun xeito atractivo para dispositivos móbiles.
A tira é obra de Adrián Rodríguez LoboGris, un dos fundadores de AxouxereGames, e aínda que leva varios anos facéndoa, foi en 2011 cando decidiu convertela nun webcomic, dando agora un paso máis ao ofrecela como aplicación que irá incorporando novos contidos cada mes.


Vídeo promocional da nova aplicación para Android

PUBLICIDADE