Axudas da Consellería de Educación para favorecer a incorporación das TIC no ensino

luns, 7 de maio do 2007

A Consellería de Educación vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe luns axudas para a realización de 10 proxectos de innovación educativa, que se desenvolverán no curso 2007-2008, para a incorporación das novas tecnoloxías ao proceso educativo. Poderán participar nesta convocatoria os centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería. Os seleccionados recibirán un paquete multimedia composto por un encerado dixital interactivo, un proxector e seis ordenadores portátiles, como máximo, que se enviarán no primeiro trimestre do curso académico 2007-2008. Ademais, percibirán unha dotación económica de ata un máximo de 2.000 euros para a posta en marcha do proxecto; así como asesoramento para o profesorado do centro.

PUBLICIDADE