Azureus publica a listaxe das operadoras que máis atrancos poñen ao P2P

mércores, 23 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os responsables de Azureus, un dos clientes máis populares da rede BitTorrent, fixeron un estudo (descargable en formato PDF) sobre os atrancos que as operadoras de acceso á Rede poñen ao tráfico P2P, para o que desenvolveron un engadido para a súa aplicación que analiza o reseteo de conexións e que foi instalado por uns 8.000 usuarios, de xeito que recolleron a información suficiente para sacar unha listaxe coas 108 operadoras que máis limitan o uso dos sistemas de intercambio de ficheiros, que no caso dos ISP españois podemos ver a Tele2 no posto 34, Jazztel no posto 70, ONO no posto 72 e Telefónica no posto 74.
Outras operadoras españolas poderían limitar aínda máis as súas comunicacións, pero ao non acadar unha mostra de usuarios significativa non se tiveron en conta na listaxe final de Azureus.
O importante deste traballo non é que unhas operadoras limiten máis que outras o tráfico P2P, senón o feito de que confirman que os ISP realizan tales prácticas, que poderían vulnerar os dereitos dos seus usuarios.

PUBLICIDADE