Barnes & Noble presenta un novo tablet

luns, 7 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Para facer fronte ao Kindle Fire de Amazon, o seu principal competidor no sector editoral, Barnes & Noble, vén de presentar o NOOK Tablet, un dispositivos moi semellan, que con pantalla táctil IPS de 7 polgadas cunha resolucíón de 600 x 1.024 píxeles, sistema operativo baseado en Android 2.3, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, Wi-Fi N, lector de tarxetas microSD e unha autonomía de 11,5 horas de lectura e 9 de reprodución de vídeo, vai pórse á venda o vindeiro día 18 a un prezo de 249 dólares.

William Lynch presentou hoxe o NOOK Tablet

Este dispositivo é 50 dólares máis caro que o Kindle Fire, o que compensa co lector de tarxetas de memoria integrado e por contar co dobre de memoria (tanto RAM como de almacenamento interno) e unha autonomía superior. O NOOK Tablet tamén abre a porta a contidos de vídeo (concretamente das plataformas Netflix e Hulu Plus), música (Pandora e outros servizos), máis de 2,5 millóns de libros, revistas, comics e contos infantís, correo electrónico, web e videoxogos, ou sexa, que estariamos ante unha versión mellorada do NOOK Color, tablet que dende agora está á venda por 199 dólares e que, segundo William Lynch, director xeral da compañía, vendeu millóns de unidades, converténdose no segundo tablet con mellores vendas despois do iPad.

B&N tamén presentou un novo eReader baseado en tinta electrónica

Aínda que B&N mantén no seu catálogo o seu primeiro NOOK a un prezo de 89 dólares, aproveitou o evento de hoxe para dar a coñecer o novo NOOK Simple Touch, dispositivo cunha pantalla táctil de tinta electrónica de 6 polgadas que promete ser un 25% máis rápido que o resto de eReaders e unha autonomía superior (máis de 2 meses cunha única carga), contendo o seu prezo en 99 dólares, o que resulta moi atractivo para un lector con conectividade Wi-Fi, con 2 Gb de capacidade interna (ampliable mediante tarxetas microSD).
De todos os xeitos, aínda que sobre o papel a oferta de dispositivos de B&N parece superior á de Amazon (e incluso o tamaño do seu catálogo editorial), a plataforma de Jeff Bezos ten unha aceptación moito mellor, e polo momento é a única que parece que vai chegar a medio prazo a España, mentres que B&N non anunciou polo momento que vaia achegar os seus dispositivos ao noso país pese a que o catálogo de libros electrónicos en español (e outras linguas europeas) de B&N parece bastante nutrido.


Vídeo de presentación do NOOK Tablet

PUBLICIDADE