BenQ Mobile declárase en bancarrota

luns, 2 de outubro do 2006

A fabricación de móbiles Siemens corre dende hai un ano por parte de BenQ, que vén de declarar en bancarrota á súa división móbil, polo que acudiu a Siemens en busca de axuda financeira. BenQ Mobile, con sede en Munich, ten preto do 3% do mercado mundial de móbiles, pero tivo que facer fronte a un panorama no que os beneficios son moi reducidos. Ademais, parece que BenQ se demorou excesivamente no lanzamento de novos modelos, e resulta moi difícil colocar no mercado terminais vellos, xa que a moda prima no sector. En vista do acontecido Siemens decidiu retirar a confianza a BenQ e non achegará os cartos que pide a compañía de orixe asiático. Agora, a empresa está a estudar a situación na que quedan tras esta operación de bancarrota, xa que BenQ posúe os dereitos de comercialización e patentes sobre a telefonía móbil de Siemens, e descoñecen se BenQ podería continuar a empregar a marca de Siemens no futuro. Un caso realmente sen precedentes, dun afundimento dunha empresa en poucos meses, cando se atopa nun mercado moi activo e emerxente.

PUBLICIDADE