Bibiana Aído: ministra e blogueira

luns, 14 de abril do 2008 Marcus Fernández

Blog de Bibiana Aído, a nova ministra de Igualdade

A formación do novo Goberno de España está a destacar en distintos medios detalles como que unha muller ao cargo da carteira de Defensa ou a primeira ministra nacida en democracia, pero o que parecen esquecer desta última é que tamén é unha blogueira, o que provocou moitos comentarios na Rede.
Bibiana Aído, nova ministra de Igualdade, ten un blog actualizado case a diario dende o pasado mes de febreiro, ten contas activas en Flickr e YouTube, e vén de comezar a utilizar Twitter, polo que xa hai que a considera a primeira ministra 2.0.
A nova ministra está a recibir algunhas críticas pola súa curta idade (como tamén pasou con Soraya Sáez de Santamaría), pero na web a meirande parte das opinións son a favor da moza socialista, aínda que só sexa coma voto de confianza por alguén que vive nestes tempos de revolución social na Internet.

PUBLICIDADE