Bill Gates recoñece como un erro ter que empregar 3 teclas para iniciar sesión en Windows NT

xoves, 26 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Dentro dunha campaña de recadación de fondos para a Universidade de Harvard celebrouse unha curiosa conversa pública entre David Rubenstein e Bill Gates, na que abordaron temas como os primeiros días de Microsoft e da historia dos ordenadores persoais, que deu lugar a unha interesante cuestión: ¿por que é era preciso pulsar a combinación de teclas Ctrl+Alt+Supr para comezar a utilizar un ordenador con Windows? E por raro que parecese, Gates dixo abertamente que tratábase dun erro que cometeron por culpa de que o deseñador de teclados de IBM non quería introducir unha tecla específica para tal fin.

Gates recoñeceu abertamente o erro de ter que empregar 3 teclas para iniciar sesión en Windows NT

O fundador de Microsoft tamén declarou que IBM cometera un erro ao aceptar incluír nos seus equipos un sistema operativo licenciado en vez de mercalo directamente (posiblemente porque non esperaban unhas vendas tan impresionantes dos seus ordenadores persoais), aínda que engadiu que o Xigante Azul, pese a cometer erros, fixo grandes cousas, recoñecéndolle o mérito de que supoño todo o proxecto do IBM PC.
Deixando a un lado os detalles anecdóticos, estamos ante unha interesante conversa que podemos ver íntegra en YouTube:

PUBLICIDADE