Bitácoras.com retrata á blogosfera hispana

venres, 15 de maio do 2009 Marcus Fernández

A meirande parte dos blogs hispanos son españoisBitacoras.com presentou o seu Informe sobre el estado de la blogosfera hispana 2009 no que se presentan os resultados dunha serie de investigacións baseadas nos datos cos que conta este rede social de blogs, concluíndo principalmente que a blogosfera hispana ten un importante compoñente endogámico, valorando especialmente as anotacións referentes ao propio media, así coma o feito de que é habitual utilizar os blogs como ferramenta de denuncia social e como protesta política fronte a medidas que afectan á Internet e á cultura libre.
O perfil do blogueiro hispano sería o seguinte:
- sexo: o 81% son varóns
- idade: o segmento máis activo ten entre 25 e 34 anos
- número de blogs que mantén: 1,23 (de media)
- nacionalidade: o 54% dos blogs hispanos son españois
E como curiosidade tamén destacan que o momento de máis actividade da semana na blogosfera hispana sería os mércores entre ás 16 e as 19:00 horas; aínda que tamén deixouse notar que o grado de actualización dos blogs hispanos é bastante reducido.

O ritmo de publicación na blogosfera hispana redúcese considerablemente nas fins de semana


Informe sobre o estado da blogosfera hispana 2009

PUBLICIDADE