BlackBerry actualiza o BBM para iOS e Android

xoves, 14 de novembro do 2013 Marcus Fernández

As versión para iOS e Android do BlackBerry Messenger (BBM) están a renovarse hoxe, incorporando novas prestacións, corrixindo erros e mellorando o seu desempeño, avanzando así para achegar estas versións das aplicacións á nativa de BlackBerry, aínda que continúa a faltar un longo camiño para conseguir tal.
En Android BBM incorpora a posibilidade de organizar os contactos por categorías, mellora o filtrado de listaxes de grupos, incrementa as opcións para compartir o PIN de BBM, permite localizar a amigos noutras redes sociais que empreguen BBM e corrixe un erro detectado por algúns usuarios que afectaba seriamente á autonomía das baterías dos seus móbiles.
Pola súa banda, o BBM para iOS, pese a continuar a ser unha aplicación deseñada para iPhone, xa pode instalarse en iPod Touch e iPad con iOS 6 e 7, mellora o soporte de linguas que escriben de dereita a esquerda, inclúe novas opcións para compartir o PIN de BBM, facilita atopar noutras redes sociais a amigos que fagan uso de BBM e corrixen un fallo que facía que algúns usuarios perdesen os nomes dos seus contactos.

PUBLICIDADE