Bota a andar o irmán de Chuza! de alén do Miño: Diga Cultura

martes, 22 de abril do 2008 Fernando Sarasketa

Onde houbo un Chuza! ben pode haber un Diga Cultura. A comunidade de internautas facendo rede social e separando a información que vale (pouca) do puro lixo (moito) non para de medrar. Se hai uns días falabamos do Chuza! francés (metido en problemas coa xustiza), agora toca falar dunha proposta irmá xurdida en Portugal, Diga Cultura, que leva un deses nomes que desconcertan até que sabes de que vai a cousa (de feito, até sabendo de que vai a cousa segue desconcertando un pouquiño, pero esa é outra leria).
O caso é que Diga Cultura é unha proposta nova onde os internautas, coma en Chuza! ou en Digg, teñen control sobre todo o contido editorial que hai na mesma.
Eles descobrem e publicam o que de interessante descobrem na Internet”, sinalan os responsables. O seu funcionamento, para quen estea familiarizado coa dita web galega, non é misterio algún, e baséase na participación da comunidade: “Graças a um sistema de votos, o conteúdo é promovido se os utilizadores e visitantes assim o determinarem”.

PUBLICIDADE