Brain Agency 360 achegará solucións transformadoras ás empresas da contorna ferrolá

venres, 12 de abril do 2024 S. P.

As empresas CYE Control y Estudios y Brain Agency 360 achegarán solucións tecnolóxicas ás firmas integrades na COFER, Confederación de Empresas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
No que se refire ás contribucións de CYE, firma especializada no servizo integral de avaliación da presenza de gas radon, acreditada para a instalación de medidores e avaliación da súa concentración en interiores de edificios e lugares de traballo, ofrecerá os seus servizos á COFER e ás empresas asociadas, cun tratamento diferencial. Isto será posíbel grazas a un acordo asinado polo director técnico da citada empresa, Gonzalo Guzmán, e o presidente de COFER, Cristóbal Dobarro.
Doutra banda, José Antonio Pérez Zaballos, director xeneral da Brain Agency 360, asinou un convenio de colaboración con COFER por medio do cal ofrecerase aos socios da patronal diferentes servizos para incrementar as vendas e a súa rendibilidade, ademais do acceso a un amplo catálogo de inventario a nivel mundial a través de publicidade programática en diversas canles.
A citada empresa de mercadotecnia dixital está especializada en publicidade programática, Intelixencia Artificial e análise de información a gran escala (Big Data), e destaca polo seu enfoque innovador na aplicación de estratexias dixitais e pola utilización de IA, algoritmos avanzados e poxas para avaliar e segmentar audiencias en tempo real.

PUBLICIDADE