Brión organiza un curso para buscar traballo por Internet

venres, 3 de abril do 2009 Raquel Noya

O Concello de Brión vén de convocar, para o mes de maio, un curso gratuito para aprender a buscar emprego por Internet, que vai dirixido a tódolos veciños e veciñas da localidade.
A actividade terá lugar ao longo de 8 horas a partires do vindeiro 27 de maio e, entre outros temas, inclúe unha relación das distintas páxinas web existentes na Rede nas que se ofrecen algunhas ofertas de traballo para os interesados, e unha lección sobre buscas selectivas na Rede.
Por outra banda, e coincidindo coa apertura do periodo de presentación da declaración tributaria, o mesmo Concello organiza outro curso para aprender a facer a declaración da renda por Internet. Un curso de dúas horas de duración que terá lugar o vindeiro 20 de maio, de 20:00 a 22:00 horas, no Centro Social Polivalente de Brión.
O prazo de inscrición nestes dous cursos (ambos os dous de balde) estará aberto ata o 30 de abril. Para anotarse só é preciso acudir á Casa da Cultura, chamar ao 981 509 908 ou realizar unha inscrición directa a través de www.briondixital.org.

PUBLICIDADE