Cae o envío de mensaxes de texto dende o móbil

martes, 6 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Tras unha sucesiva de records de envío de mensaxes de texto ano tras ano, esta práctica comeza a decaer, e os 8.000 millóns de SMS enviados en 2009 supoñen unha diminución do 9,1% con respecto a 2008, mentres que as MMS caeron un 40,8% nos últimos catro anos.
Segundo parece, este cambio de tendencia vén provocado polas plataformas de redes sociais (Facebook, Twitter e Tuenti están moi vivas no móbil) e a baixada do prezo das chamadas telefónicas (que fai que un intercambio de mensaxes de textos sexa bastante máis caro que establecer unha conversa).

PUBLICIDADE