Canal+ iniciará as súas emisións en 3D en abril

xoves, 4 de marzo do 2010 Marcus Fernández

De xeito bastante sorprendente anúnciase que a partires do vindeiro 17 de abril Canal+ emitirá parte da súa programación en tres dimensións, converténdose na primeira canle de comunicación española en traballar con este tipo de tecnoloxía, destinada inicialmente a ofrecer «eventos exclusivos do mundo do deporte e da cultura» segundo un comunicado da canle no que aseguran que será preciso contar cun receptor iPlus da plataforma Digital+ para poder acceder a esta tecnoloxía, aínda que tamén será preciso contar cun televisor adaptado a esta tecnoloxía, agardándose que cheguen varios ao mercado antes do verán.
A estrea de Canal+ 3D será cun concerto en exclusiva do cantante Enrique Bunbury no que interpretará os temas do seu novo disco, Las Consecuencias, contando coa realización de Paco Plaza.

PUBLICIDADE