Cancelan unha conta de Twitter dende a que denunciaban pornografía infantil

venres, 12 de febreiro do 2010

Marcelino Madrigal, un activista contra a pornografía infantil na Internet, vén de atopar un atranco máis na súa actividade na Rede, e tras perder un blog en Spaces e unha conta en Windows Live (que servían para denunciar contidos inapropiados nos servidores web de Microsoft) ve cómo agora suspenden a súa conta en Twitter por «actividade estraña».
Agardemos que no futuro deixen de meter paus na roda dos que loitan pola protección dos menores na Internet.

PUBLICIDADE