Chega Gurú, o servizo de Movistar que aconsella sobre todo o relacionado co mundo dixital

mércores, 29 de xaneiro do 2014 Redacción

Anunciaba hoxe Movistar o lanzamento de Gurú, un servizo de asistencia técnica e asesoramento inmediato que dá resposta a todas as necesidades do fogar dixital. Gurú foi concibido para que o cliente poida tirar o máximo proveito a todo o seu equipamento electrónico -PC, Mac, smartphone, tablet, portátil, impresora, consola de videoxogos, etc- e gozar da súa vida dixital. Emporiso, as coberturas do servizo pasan pola configuración e instalación de programas, aplicacións, equipos e periféricos (con independencia da marca); resolución de problemas de software e navegación; a eliminación de virus e spyware, instalación de software de seguridade e protección de datos e identidade en liña e a optimización de equipos para mellorar o seu rendemento.
Tamén se cobren con Gurú tarefas como a creación e configuración de redes domésticas e posta en común de equipos e o máis innovador: asesoramento e axuda para sacar o máximo partido ás aplicacións e dispositivos e descubrir novas funcionalidades. Dicir que cada cliente será identificado coas súas credenciais e comezará a comunicación cun técnico especializado vía chat, teléfono ou correo electrónico. A asistencia realizarase en remoto e, se non puidese resolverse deste xeito, o servizo tería en conta a resolución de incidencias no enderezo do cliente. Engadir, por último, que Gurú nace froito da colaboración entre Telefónica e iYogi, unha compañía recoñecida como líder mundial na prestación de servizos de teleasistencia.

PUBLICIDADE