Chega a Galica a campaña de fomento do uso do DNIe

martes, 9 de marzo do 2010 Marcus Fernández

O Ministerio de Industria iniciou unha campaña informativa co obxectivo de que cidadáns e empresas coñezan máis de preto os usos e vantaxes do documento nacional de identidade electrónico (DNIe), que principalmente serve para facilitar a realización de trámites coas Administracións Públicas evitando desprazamentos, colas e limitacións de horario.
O plan de actuacións para o fomento do uso do DNIe iniciouse hoxe mesmo en A Coruña, nun acto no que Salvador Soriano, subdirector xeral de Servizos da Sociedade da Información; Antón Louro, delegado do Goberno en Galicia e Luis García Mañá, xefe superior da Policía de Galicia, informaron das actuacións previstas de aquí a xullo, entre has que hai unhas 520 sesións informativas, máis de 30.000 sesións de dinamización e demostración nas principais oficinas de expedición do DNI, xornadas técnicas, accións destinadas a superar os atrancos que atopa a xente con discapacidade e a distribución de balde de 800.000 lectores de DNI electrónico.

PUBLICIDADE