Chegan as rebaixas á Epic Games Store

venres, 16 de decembro do 2022 Marcus Fernández

Cando se achega o Nadal é habitual que as tendas dixitais de videoxogos inicien as súas rebaixas, sendo especialmente rechamantes as rebaixas de Steam, pero este ano a Epic Games Store está a conseguir eclipsalas, xa que, aparte de igualar as ofertas dos xogos que teñen en común, ofrecen cupóns ilimitados cun 25% de desconto acumulable ás ofertas, de xeito que algún xogo acada os seus menores prezos históricos.
As rebaixas da Epic Games Store durarán até o 5 de xaneiro, e para atraer aos xogadores a que boten un ollo ás ofertas, durante estas datas están a agasallar xogos a diario.
A propia Epic Games está a destacar algunhas das súas ofertas, como que o FIFA 23 ten un 40% de desconto, Marvel’s Spider-Man Remasterizado un 25%, Tiny Tinas’s Wonderlands un 50%, New Tales from the Borderlands un 40% e Saints Row un 45%.

PUBLICIDADE