Chuza cumpre 2 anos

xoves, 21 de febreiro do 2008

Este mércores o sistema de edición non xerárquica Chuza celebrou o seu 2º aniversario, consolidándose como plataforma de recomendación de novas en Galicia. Este servizo naceu coma unha versión galega e en galego do popular menéame.net, e agora xa é unha comunidade de 2.540 usuarios rexistrados que recomendan e comentan novas de distinto tipo.
O éxito de Chuza vese reflectido na súa dinámica portada e no feito de que en pouco tempo lograse situarse entre as 25 webs galegas máis populares.

PUBLICIDADE