Comeza en Oleiros e Carballo a proba piloto do proxecto Geria-TIC, no que traballa o CITIC
venres, 23 de febreiro do 2018
A
proba piloto do proxecto
Geria-TIC da Universidade da Coruña xa está en marcha.
Concretamente, nas dependencias de DomusVi Geriatros Oleiros e DomusVi Geriatros Carballo .
Segundo informa
o Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC, un total de 10
pacientes do centro de Oleiros e 6 do de Carballo xa fan uso de
pulseiras portábeis (wearables) e a plataforma ClepIO
que, entre outras vantaxes, posibilitan o seguimento da actividade
física, do sono e das ocupacións diarias dos usuarios, de face a
estudar a problemática das caídas e a calidade do descanso dos
participantes.
O
proxecto está impulsado por un consorcio formado polas empresas
Geriatros, Aldaba e a Clínica Cobián, xunto con investigadores da
área de Percepción, Cognición e Interacción do Centro de
Investigación TIC da UDC e o Instituto de Investigación Biomédica
da Coruña (INIBIC). O obxectivo, segundo explican é “desenvolver
un modelo de medicamento participativo con persoas maiores mediante o
uso de dispositivos wearables: pulseiras de medición de
actividade e acelerómetros”. Polo tanto, o que se procura é
acadar melloras relevantes na prevención de caídas e calidade do
sono dos usuarios dos centros. No proxecto tamén se aborda a
problemática da incontinencia urinaria, cuxa proba piloto iniciarase
no centro DomusVi Geriatros da Cidade na Coruña.
Os
investigadores do CITIC que participan no proxecto, liderados
profesores Alejandro Pazos e Javier Pereira, deron forma aos aspectos
tecnolóxicos e de investigación da iniciativa, aspectos que
permitan realizar un seguimento dos parámetros. Este labor de
monitoraxe levará a cabo a través da plataforma ClepIO e, ademais
de xerar métricas de utilidade para aplicar melloras en cada
aspecto, ten como obxectivo crear “un novo modelo de prestación de
servizos sociosanitarios, no que os residentes tomen conciencia do
autocoidado e a responsabilidade na propia saúde, facéndoos
partícipes do seu benestar”. Ademais, permite “que os familiares
poidan estar informados en tempo real do estado e as melloras na
saúde dos seus maiores”.
O
proxecto Geria-TIC, orzado en 765.191 euros, está co-financiado por
GAIN (Axencia Galega de Innovación) a través do Programa Conecta
PEME 2016 e conta con fondos FEDER da Unión Europea. Na súa
avaliación alcanzou a segunda mellor cualificación, de todos os da
nosa Comunidade, entre as case 200 solicitudes presentadas.