Comeza o CeBIT con España coma País Asociado

martes, 2 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Zapatero e Merkel visitaron o CeBIT na súa sesión inaugural

Hoxe inaugurouse en Hannover unha nova edición da feira tecnolóxica CeBIT, que este ano ten a España coma País Asociado, o que tradúcese nunha forte presenza española no evento, cun stand central dunha superficie de 500 m2 e seccións temáticas (300 m2 para Software no pavillón 6, 300 m2 de Banca & Finanzas no pavillón 11 e entre 500 e 700 m2 nos pavillóns 12 e 13), o que tamén concretouse cunha vista do presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, que no discurso inaugural da mostra destacou que «dende 2004, triplicouse o investimento público en investigación, desenvolvemento e innovación» engadindo que ante a conxuntura económica actual cómpre «reforzar a necesidade de seguir avanzando pola senda da innovación tecnolóxica». No acto inaugural tamén participou a canciller Angela Merkel.
A aposta española polo CeBIT podería ser produto da deriva da principal feira tecnolóxica dentro das nosas fronteiras, o SIMO, que deixou de existir coma tal, de xeito que aproveitar un dos meirandes encontros tecnolóxicos a nivel mundial para amosar a tecnoloxía española non pareza unha mala estratexia, e incluso servirá para presentar ante o público o adaptador PLC de alta velocidade de Arteixo Telecom a través do seu partner Gigle Network.

PUBLICIDADE