Comezan a vender no Reino Unido un ton de móbil que só poden oír os mozos

luns, 2 de outubro do 2006

Compound Security desenvolveu un ton para móbil coñecido coma Mosquito, que semella un zumbido e que emite nunha alta frecuencia que fai difícil a súa percepción por parte dos adultos (que co paso dos anos perden a facultade de escoitar as frecuencias máis elevadas).
Este sistema deseñouse inicialmente para afastar a vándalos das zonas de tendas (esas frecuencias poden resultar especialmente irritantes), pero agora atoparon un uso máis orixinal, baseándose na dificultade que teñen os adultos en escoitar frecuencias superiores ós 13 ou 14 KHz. Esta presbiacusia é gradual, e cambia segundo a persoa, de xeito que as frecuencias indicadas deixan de ser apreciables nun rango de idades que van entre os 18 e os 75 anos.Nun principio, o oído humano pode recibir sons entre os 20 Hz e os 20 KHz, polo que os tons mosquito emiten na frecuencia de 17 KHz, que só poderían escoitar ben as persoas cunha boa capacidade auditiva.

PUBLICIDADE