Compostela Monumental comeza febreiro cunha manchea de cursos tecnolóxicos anti-COVID

xoves, 4 de febreiro do 2021 S. P.

A Asociación Compostela Monumental comezou o ano cun completo paquete de actividades formativas para impulsar o emprego e fortalecer o tecido comercial e económica do concello. O programa de cursos, moitos deles tecnolóxicos, levarase a cabo ao longo de todo este mes de febreiro. Son un total de 28 accións para autónomos e traballadores na modalidade de teleformación.
O obxectivo é ir “formando ás persoas autónomas e aos seus traballadores nun momento moi delicado por mor da COVID-19 e os distintos peches perimetrais que ordenaron as distintas administracións”.
Os cursos, de distintas temáticas de interese para varios gremios e sectores comerciais e empresariais, levaranse a cabo na modalidade online para “evitar calquera tipo de risco de contaxio e ao mesmo tempo facilitar, tanto aos autónomos como aos seus traballadores unha fórmula que lles permita adquirir os coñecementos que consideren oportunos e dun modo compatíbel co seu quefacer cotián”.
Para poder apuntarse aos distintos cursos, deberá facerse a través da web de APE Galicia, onde se poderá seleccionar o que se estime oportuno.
Estes son os cursos de febreiro:
- Estratexia e Comunicación Empresarial. 10/02/21 ao 17/03/21.
- Inglés Empresarial. 15/02/21 ao 22/03/21.
- Creación de Blogs e Redes Sociais. 16/02/21 ao 23/03/21.
- Inglés Empresarial. 17/02/21 ao 24/03/21.
- Excel Avanzado. 24/02/21 ao 08/03/21.
- Técnicas de Vendas Telefónicas en Telemarketing. 2/02/21 ao 23/02/21.
- Excel Avanzado. 3/02/21 ao 12/02/21.
- Excel Avanzado. 26/02/21 ao 10/03/21.
- Selección e Formación do Equipo Comercial.15/02/21 ao 5/03/21.
- Dirección por Obxectivos e Xestión do Desempeño. 12/02/21 ao 8/03/21.
- Selección e Formación do Equipo Comercial. 18/02/21 ao 10/03/21.
- Fundamentos do Plan de Mercadotecnia en Internet.9/02/21 ao 24/02/21.
- Internet, Redes Sociais e Dispositivos Dixitais. 8/02/21 ao 23/02/21.
- Fundamentos do Plan de Mercadotecnia en Internet. 16/02/21 ao 4/03/21.
- Branqueo de Capitais. 11/02/21 ao 26/02/21.
- Branqueo de Capitais. 18/02/21 ao 8/03/21.
- Estratexias de Servizos: Calidade e Orientación ao Cliente. 11/02/21 ao 8/04/21.
- Sistema de I+D+I e Xestión da Innovación. 2/02/21 ao 16/03/21.
- Sistema de I+D+I e Xestión da Innovación. 26/02/21 ao 12/04/21.
- Xestión Integral de Pemes. 8/02/21 ao 12/03/21.
- Creación de Empresas En liña. 8/02/21 ao 12/03/21.
- Creación de Empresas En liña. 10/02/21 ao 17/3/21.
- Habilidades Directivas e Xestión de Equipos. 16/02/21 ao 24/03/21
- Habilidades Directivas e Xestión de Equipos. 25/02/21 ao 2/04/21.
- Lei de Protección de Datos (LOPD). 9/02/21 ao 15/03/21.
- Innovación e Páxinas Web. 2/02/21 ao 16/03/21.
- Innovación e Páxinas Web. 26/02/21 ao 12/04/21.

PUBLICIDADE