Compostela Monumental impulsa a empregabilidade das mulleres con formación ofimática

mércores, 4 de marzo do 2020 Redacción

A Asociación Compostela Monumental inicia este mércores pola tarde a súa nova actividade formativa envorcado no empoderamento tecnolóxico feminino. Trátase do curso Alfabetización Dixital de Informática Avanzada, que conforma o seu programa integrado de emprego. A través desta iniciativa, as mulleres aspirantes a traballar no sector servizos recibirán unha formación de nivel 2 sobre o manexo de distintos programas ofimáticos e a súa aplicación ao mundo laboral.
A acción formativa ten unha duración de 25 horas e desenvolverase até o día 17de marzo na aula formativa que a asociación de comerciantes e empresarios ten na súa sede da Algalia de Arriba 31.
Colabora co programa integrado de emprego de Compostela Monumental a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral (Servizo de Programas Mixtos). A persoa encargada de impartir contidos é o formador Alberto Fandiño. As sesións desenvolveranse en horario de 16:45 a 19:45 horas.

PUBLICIDADE