Compostela Monumental inicia a súa formación sobre técnicas de marketing en liña

mércores, 14 de abril do 2021 S. P.

A Asociación Compostela Monumental pon en marcha este xoves 15 de abril o curso en liña Técnicas de venda e mercadotecnia en liña, ao abeiro do seu Programa Integrado de Emprego, e que desenvolve conxuntamente coa Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, e máis en concreto coa Dirección Xeral de Formación e Colocación. O curso, que finalizará a final deste mes cun total de 20 horas lectivas, será impartido por Recursos Galicia.
Os obxectivos marcados de saída son que todos/as os/as integrantes do dito Programa aprendan a pór en práctica unha boa mercadotecnia de contidos e a utilizar motivadores de compra, así como facer unha estratexia de posicionamento para comercio electrónico.
Para o día 23 de abril levarase a cabo unha nova acción formativa online baixo o título de Sácalle partido a LinkedIn.

PUBLICIDADE