Compostela de Santiago perfílase coma novo medio dixital de ámbito local

xoves, 3 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Nas últimas semanas as xentes de Santiago de Compostela contan cun novo medio na Internet que pretende recoller nun único espazo información de interese no ámbito local (como unha axenda cultural, crónicas deportivas e información meteorolóxica) con contidos xeneralistas (tendencias, cine, tecnoloxía, sexualidade…) con apoio multimedia e ligazóns as plataformas de redes sociais actuais (entre as que pode destacarse a Twitter).
O nome que elixiu esta interesante iniciativa é o de Compostela de Santiago, e aínda que os seus contidos parecen os propios dunha revista, non esquece aos blogues, con 4 bitácoras de seu polo momento, e os seus responsables aseguran terse achegado a preto de 1.700 usuarios, aínda que todo apunta a que está só nos seus primeiros pasos.

PUBLICIDADE