Compostela renovará a súa rede de servidores

luns, 31 de decembro do 2018 Redacción

O Goberno local de Santiago acordou a semana pasada iniciar o proceso de adxudicación para a ampliación da infraestrutura de servidores do Concello compostelán. Esta iniciativa, que é un piar tecnolóxico fundamental e básico para o pleno afianzamento da Administración Electrónica, conta cun orzamento de 190.000 euros, dos que 152.000 procederán de fondos europeos vinculados ao programa ReVive-EDUSI Santiago.
Os datos foron subministrados polo alcalde, Martiño Noriega, que puxo o foco na necesidade de renovar o equipamento informático e de telecomunicacións para facer posíbel, integramente, a implantación da eAdministración.
Tamén fixo saber que a maior parte da infraestrutura de servidores municipal “atópase no seu ciclo de vida útil, pero require actualizacións de hardware e software de para “garantir a súa total compatibilidade coa solución de eAdministración que se está a implementar”. O contrato terá un orzamento máximo de licitación de 190.000 euros e unha duración prevista de tres meses.

PUBLICIDADE