Conan terá novos xogos en 2007

venres, 20 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Imaxe do xogo de Conan para PS3

Os seguidores do bárbaro máis popular da literatura de Robert E. Howard poderán gozar no mes de outubro do xogo Conan The Barbarian (Conan o Bárbaro) que sairá para PS3, Xbox 360 e Nintendo Wii, amosando unha acción brutal e fantástica á que se puideron achegar algúns afortunados na pasada edición do E3, onde amosaron unha demo para un xogador.
Este novo xogo de Conan para as consolas de última xeración parece moi influenciado pola franquicia de God of War, polo que os combates violentos con varios inimigos e a estética lúgubre acompañarán a este impresionante xogo no que non faltan distintos tipos de armas e combos de golpes para calmar a sede de sangue dos xogadores máis violentos.


Trailer do xogo de Conan para PS3


Trailer do xogo para PC

Pero as aventuras do Cimerio non quedarán só nas consolas, senón que os usuarios de PC poderán ter un produto se cabe máis agardado (o seu primeiro trailer apareceu hai máis de 2 anos), o Age of Conan: Hyborian Adventures, que non se limita a ser un agresivo xogo de espadas, senón que se converte nun xogo masivo multixogador ambientado no universo de Conan, de xeito que se combinan os combates violentos coas interaccións e a formación de gremios que permita o xogo colaborativo, así como actividades non violentas, aínda que tamén coidarán a evolución do xogo de xeito que vaian aparecendo novos retos que precisen da agrupación de xogadores para superalos.
Este novo xogo en liña aparecerá antes de rematar o ano, permitirá que por unha ocasión os usuarios de PC poidan ter un sistema de xogo do que sentirán envexa os posuidores das últimas consolas de videoxogos.

PUBLICIDADE