Condenan en Singapur a un mozo por empregar as conexións Wi-Fi dos seus veciños

mércores, 20 de decembro do 2006

Un rapaz de 17 anos de Singapur podería ter que facer fronte a 3 anos de cadea tras admitir que se conectaba ilegalmente á Internet aproveitando as conexións sen fíos dos seus veciños.
Garyl Tan Jia Luo declarou estar moi arrepentido polo que fixo, pero a sentenza contra el parece querer ser exemplar, de xeito que a práctica habitual de empregar os recursos de conectividade alleos se converta no pasado.
O uso de redes Wi-Fi desprotexidas é algo habitual, especialmente dende ordenadores portátiles, pois detectan automaticamente as redes deste tipo, polo que resultan moi tentadoras, pero non se coñecían precedentes dunha resposta legal tan dura ante unha práctica considerada como normal (e socialmente aceptada en boa parte do mundo).

PUBLICIDADE