Continental convida a ver en galego A Crise Carnívora

xoves, 5 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Do 6 de marzo ao 16 de abril nas primeiras sesións de tarde de luns a venres e as matinais dos sábados poderase ver de balde a película de debuxos animados A Crise Carnívora na súa versión en galego (que conta coas voces de Os Tonechos e o equipo de Corre Carmela que chove, entre outros coñecidos intérpretes do país) nos Multicines Gran Arousa (Vilagarcía de Aurousa), Centro (Lugo), Hollywood (Monforte de Lemos), Barbanza (Ribeira) e Bergantiños (Carballo) segundo informou A Mesa pola Normalización Lingüística, organización que publica na súa web un invitación en formato PDF que pode imprimirse para aproveitar esta promoción da produtora Continental.
Antes do paso do filme proxectarase unha curtametraxe de Cálico Electrónico.

PUBLICIDADE