Continúa o proxecto de ofrecer Internet de balde para os andaluces

luns, 10 de novembro do 2008

A Junta de Andalucía pretende iniciar en decembro de 2009 o seu proxecto de achegar acceso á Internet de balde para os seus cidadáns, cumprindo así cunha promesa electoral.
O proxecto consistiría en conexións de 1 Mbps para todos os andaluces, pero ten un orzamento de só 9 millóns de euros, polo que non parece que vaia a ser moi realista, á vez que tamén podería ter serios problemas coa CMT como moitos concellos que quixeron meterse a ofrecer Internet de balde aos seus veciños.

PUBLICIDADE